Evento: Solpor

Solpor
venres, 1 maio, 2020 a martes, 30 xuño, 2020
Museo Provincial de Pontevedra,
Pontevedra

Solpor

Exposición virtual de varios artistas.

Vinte e cinco fotografías de cinco fotógrafos galegos, acompañadas por cinco fragmentos poéticos doutros tantos escritoras e escritores galegos, homenaxeados ao longo do tempo no Día das Letras Galegas, dan corpo a esta mostra que se presentará en formato vídeo.

Nela, as fotografías de Xulio Gil, Anxo Rial, Susi Suárez, Enrique Touriño e Miguel Vidal, convivirán con versos de Curros Enríquez, Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro, María Mariño e Manuel María.

En palabras da súa comisaria, Fátima Cobo, da man da fotografía, Solpor quere ser unha fiestra á beleza da paisaxe galega nun momento do día no que as cores se volven máxicas. Unha fiestra á nosa literatura, dando voz a algúns dos fragmentos poéticos máis fermosos das nosas letras, pero tamén, e sobre todo, unha invitación ao goce das nosas paisaxes, da obra dos nosos artistas e das palabras dos nosos escritores e escritoras.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia