Evento: Debuxantas

Debuxantas
luns, 15 xuño, 2020 a domingo, 30 agosto, 2020
Museo Provincial de Pontevedra,
Pontevedra

Debuxantas

Exposición de Leopoldo Nóvoa.

O Museo de Pontevedra reabrirá as súas portas prolongando as exposicións que estaban vixentes o pasado 12 de marzo cando a COVID-19 obrigou á clausura: ‘Leopoldo Nóvoa 1919-2019', e ‘Debuxantas. Pioneiras da ilustración', que non puidera ser nin inaugurada e apenas estivo unhas horas aberta ao público.

A institución museística, logo de semanas de trámites e superadas as complicacións iniciais, acordou cos propietarios e depositarios de todas as pezas a permanencia das dúas mostras en Pontevedra ata o 30 de agosto.

Segundo explica o director Xosé Manuel Rey, o Museo está prácticamente a punto para a reapertura, e levaraa adiante tan pronto como se autoricen as sucesivas fases da ‘desescalada', previsiblemente o vindeiro 25 deste mes. A volta realizarase co obxectivo principal de ofrecer unha boa experiencia de visita ás coleccións, e con todas as garantías sanitarias, controlando o aforo, realizando medición de temperatura a visitantes, así como cumprindo todos os protocolos de seguridade. Poranse en marcha, en función das necesidades e oportunidade, diferentes modelos de limitación do número de persoas nas instalacións, ben establecendo franxas de visita para diferentes grupos de poboación, ben coa organización de percorridos ‘con cita previa'.

Máis eventos de tipo Exposición

O Vello Cárcere da Guerra á Posguerra
1 de xaneiro
O Vello Cárcere
Porta Miña
1 de xaneiro
Porta Miña
Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia
8 de novembro a 31 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura