Evento: Celtian + Salduie
Celtian + Salduie
Celtian é un proxecto de Folk Metal Sinfónico fundado en 2017 por Diego Palacio, ex flautista de Mägo de Oz. Tras un primeiro disco instrumental baseado na música tradicional de Irlanda, a banda ficha a finais de 2018 a Xana Lavey como cantante feminina e, tras un cambio de formación, encara a produción do seu primeiro disco profesional, xa con composicións propias, chamado «En terra de fadas», o cal se grava durante os meses de febreiro e marzo de 2019 nos estudos Cube de Madrid, baixo a produción de Txus dei Fellatio, líder de Mägo de Oz, e con Alberto Seara (Flor) como enxeñeiro de son. O son de Celtian caracterízase por mesturar a contundencia das guitarras, baixo e batería do metal con música celta de frautas, gaitas e violíns, todo iso apoiado con orquestracións e teclados e combinado cunha voz máis doce e melódica en comparación coas voces que se adoitan atopar no metal.
A este sexteto precederanlle no escenario os oito integrantes de SALDUIE. Banda de folk metal de Zaragoza, fundada en 2010, que nestes momentos está en plena xira de presentación do seu último traballo Viros, Veramos. Quen acudiches ao Lendas do Rock o pasado mes de agosto, xa tivestes a oportunidade de gozar do seu directo, pois estaban citados no escenario do cámping.
Máis eventos de tipo Concerto