Evento: Steel Pulse

Steel Pulse
venres, 23 abril, 2021 - 20:00
Sala Capitol,
Santiago de Compostela

Steel Pulse

Concerto de reggae.

Steel Pulse é unha das máis lonxevas e mellores formacións de reggae de Gran Bretaña. Talvez a última das grandes bandas de reggae da vella escola que nos queda. Corría 1975 cando se fundaron: vestimentas rastafari e mentalidade política mesturados con auténticas raíces de reggae e toques de jazz e música latina. Pronto calaron moi fondo non só entre os fieis do reggae (poñamos os de Burning Spear), senón tamén entre os do punk e os seus arredores no Reino Unido (poñamos os de The Stranglers).

O seu debut discográfico, Handsworth Revolution (1978), está considerado por moitos críticos como un fito e un punto central na historia do reggae británico. A medida que avanzaban os anos oitenta, os sons de sintetizadores pulidos e elementos da música dance e do rhythm´n´blues da época infiltráronse na súa música (aínda que a temática das súas letras sempre permaneceu na beira de militancia política: exemplo manifesto, o seu álbum de 1988 State Of Emergency). Nos noventa regresaron a un son máis rudo, pero recoñecendo as tendencias contemporáneas con toques de dancehall e hip-hop, como fixeron en Vex (1994) e Rage And Fury (1997).

A partir de aí, Steel Pulse priorizaron as xiras fronte ás gravacións en estudo (á marxe dalgúns singles), de aí ese longo silencio que romperon, e ao grande, nomeamento a un Grammy incluída, como diciamos ao principio do texto, con Mass Manipulation (2019).

  • Steel Pulse- Your house

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións