Evento: Cociñeiras ilustradas: Laura Tova - Bolo preñado con xamón cocido e queixo

Cociñeiras ilustradas: Laura Tova - Bolo preñado con xamón cocido e queixo
sábado, 11 xullo, 2020 - 10:00
Evento online,
Santiago de Compostela

Cociñeiras ilustradas: Laura Tova - Bolo preñado con xamón cocido e queixo

Divertidas receitas animadas para preparar e papar coa cativada

Tirastedes proveito destes meses do obrigado #quedanacasa para cociñar pratos cos pequenos e pequenas da familia? Seguro que si! Por iso, agora podedes xuntos/as dar un chanzo máis na vosa destreza na arte dos fogóns con receitas animadas e sinxelas, e non por iso menos saborosas, para preparar e papar coa cativada, grazas ás nosas Cociñeiras ilustradas! Cada sábado contades cun novo e larpeiro plan de fin de semana que vos vai resultar un xeito divertido de achegarlles aos vosos nenos e nenas a cociña e o coñecemento de alimentos e hábitos saúdables, que son moi importantes na súa nutrición e crecemento.

LAURA TOVA

Vídeo-receita de Bolo preñado con xamón cocido e queixo

Carballo, 1989. Formada en ilustración na EASD Pablo Picasso comeza co seu proxecto de deseño de producto no 2014, para posteriormente introducirse no mundo do deseño e ilustración publicitaria. Participa en diversas iniciativas de arte urbano como Derrubando Muros con Pintura, Rúar e rir ou Derrubando Muros para ver o Mar en Coruña. Imparte obradoiros e destaca o seu proxecto de autoedición “Voantes” onde conflúen a ilustración e a escultura cunha profunda carga filosófica nun estilo minimalista e naïf. En 2018 ilustra “Música no Faiado” coa editorial Xerais e escrito por Miguel Ángel Alonso Diz.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Pura
Nai + Véxote + Pura
19 de xuño
Auditorio Municipal
Enrique IV
19 de xuño
Filmoteca de Galicia
Baixo novos ceos
20 de xuño
Filmoteca de Galicia