Evento: Situación actual en el secto de la restauración con Miguel Álvarez Rey
Situación actual en el secto de la restauración con Miguel Álvarez Rey
Ciclo de charlas con Lalo García como moderador. Emprendedores, investidores e empresarios ofrecerannos a súa experiencia empresarial e visión financeira para afrontar a actual situación. Nesta primeira sesión contamos coa participación de Miguel Álvarez, socio director de Norfood, compañía desde a que xestiona as franquías galegas de La Tagliatella e Burger King. Durante a súa intervención ofrece unha análise sobre como afronta o sector da restauración o actual escenario empresarial.
Este recurso online enmárcase dentro de #AfundacionEnCasa, unha iniciativa de Afundación, con emisións en directo, novidades diarias, actualizacións permanentes e un fondo vivo integrado por máis de 300 recursos educativos, sociais, culturais, de acompañamento telemático e de voluntariado.
O obxectivo é o de seguir aprendendo e compartindo tempo cos teus sen saír da casa durante as medidas decretadas a causa do Covid-19.