Evento: Urxa

  • Urxa
Urxa
mércores, 26 novembro, 2014 - 20:30
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI),
A Coruña

Urxa

Tres relatos misteriosos

España, 1989 

Dirección e guión: Carlos Aurelio López Piñeiro e Alfredo García Pinal. Produción: Carlos Aurelio López Piñeiro e Xosé Xoán Cabanas Cao. Fotografía: Javier Serrano.

Intérpretes: Luma Gómez, Laura Ponte, Ernesto Chao.

Duración: 87 minutos. 

Tres momentos na vida dunha muller na sociedade galega do século XX. Por medio dunha meiga, Urxa, asistimos á transmisión dun saber atávico, á procura dun tesouro e ao achado dun misterioso ídolo por unha arqueóloga. Formado por tres relatos distintos, tomando elementos culturais e literarios, “O medallón de Urxa”, “O tesouro de Petro Xesto” e “O Ídolo de Mider” (inspirado nun relato de Cortázar), o filme mestura tradicións, lendas, cultura máxica rural e memoria. A segunda das tres longametraxes estreadas no marco de CineGalicia, tivo o pase inaugural o venres 24 de novembro de 1989 no Cine Fraga de Vigo.      

 

Descargas

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Ciclo de cine de primavera no Museo de BBAA da Coruña
Museos de cine
8 de abril a 29 de abril
Museo de Belas Artes
La risa y la navaja
24 de abril
Filmoteca de Galicia
Effi Briest
25 de abril
Filmoteca de Galicia
Manas
28 de abril
Filmoteca de Galicia