Evento: Comigo: cruzamentos, lazos e outros encontros

Comigo: cruzamentos, lazos e outros encontros
martes, 13 outubro, 2020 a mércores, 14 outubro, 2020
Centro Galego de Arte Contemporánea,
Santiago de Compostela

Comigo: cruzamentos, lazos e outros encontros

A identidade será a temática deste segundo ciclo
Despois dun primeiro ciclo de cursos adicados á aprendizaxe globalizada da lingua, as matemáticas e o coñecemento do medio natural a través da plástica, incorpórase a este programa de educación artística un tema transversal presente en todas as etapas educativas: a identidade.
Este eixe, de enorme importancia na arte contemporánea e na vida, permitiranos coñecer numerosos referentes creativos e investigar sobre o eu e o nós a través da experimentación visual e plástica.
O nome, o corpo, a pegada, os obxectos e lugares, as relacións, a imaxe ou a acción serán o noso campo de xogo.

Cunha metodoloxía dinámica e participativa, alternaremos o traballo coas obras de arte, as sesións de observación, reflexión e debate, e os obradoiros de creación.
O curso formúlase como unha oportunidade para pór en práctica propostas didácticas que nos permitan vivenciar, reflexionar e xerar dinámicas adaptadas aos diferentes contextos educativos.
O contido de Eu, min, me, comigo. Arte, identidade e educación está vertebrado arredor dun eixe común, pero organizado en tres bloques independentes (que se impartirán en febreiro, maio e novembro, respectivamente), de maneira que pode ser cursado parcial ou totalmente.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Iniciación á escritura creativa
15 de xaneiro a 25 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Obradoiros de verán na biblioteca
2 de xuño a 19 de xuño
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Mulleres, ritmo e tradición
22 de xuño
Xardín Umbrío
Obradoiro de Cultura Romana
23 de xuño a 27 de xuño
Biblioteca Pública de Lugo