Evento: Obradoiro de Cultura Romana

Obradoiro de Cultura Romana
luns, 23 xuño, 2025 a venres, 27 xuño, 2025
Biblioteca Pública de Lugo,
Lugo

Obradoiro de Cultura Romana

A cargo de A Nube de Artear

Esta aula didáctica de cultura clásica é un proxecto de educacion patrimonial e cultural que ofrece a realización dun programa de actividades didácticas e talleres relacionados co mundo clásico, facendo fincapé nos vestixios de Lucus Augusti e arredores.

As actividades programadas desenvólvense cubrindo diferentes eixos temáticos: arqueologia, historia, arte,... tratando os distintos temas dun modo lúdico e divertido, utilizando unha metodoloxía diferente á empregada na educación formal.

A través de xogos, dramatizacións, actividades lúdicas e talleres creativos, os máis pequenos coñecen e experimentan diferentes costume e aspectos da vida dos habitantes da antiga Lucus Augusti, á vez que se divirten e entreteñen dunha forma completamente diferente:

- Como escribían e calculaban os nenos nas escolas.

- Cuales eran as actividades cotiás dos membros da familia.

- Que deuses e deusas, heroes e divindades menores veneraban ou que festas relixiosas celebraban na súa honra ao longo do ano.

- A que xogaban os nenos e nenas no seu tempo libre, que outros xogos de azar gustaban a outras idades.

- Coñecer o mundo dos artistas musivarios e a beleza e dificultade das súas creacións.

- Descubrir os segredos da maxia e as supersticiones dos antigos habitantes de Lucus Augusti.

Para nenas e nenos de 4 a 12 anos (15 prazas)

Duración: de 9:30 a 14:00 h. de luns a venres.

Inscrición previa dende o luns 16 de xuño na sala infanti e no teléfono 982828329

Máis eventos de tipo Obradoiro

Iniciación á escritura creativa
15 de xaneiro a 25 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Obradoiros de verán na biblioteca
2 de xuño a 19 de xuño
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Obradoiro de encadernación cruzada
11 de xuño a 13 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Mulleres, ritmo e tradición
22 de xuño
Xardín Umbrío