Evento: Educando con magia
Educando con magia
Educando con magia será impartido por Xuxo Ruiz, creador da Maxia Educativa. Trátase dunha mestura de relatorio, taller de maxia e espectáculo nun formato diferente, participativo, divertido e único. Cheo de ideas prácticas e útiles. Unha sesión chea de maxia para toda a familia na que poderás aprender a realizar varios efectos máxicos e servirá para que os vosos fillos repasen e afiancen algúns contidos curriculares do colexio. Non será necesario ter materiais especiais.
Xuxo Ruiz é mestre de primaria e mago. El é pioneiro en usar o ilusionismo como recurso didáctico e faio en todos os colexios onde traballou, desde hai máis de 20 anos. É autor do libro Educando con magia, libro educativo máis vendido do ano 2013. Participa continuamente nos máis prestixiosos congresos educativos formando ao profesorado. Está considerado un dos 50 mellores mestres do Mundo e foi o único español nomeado ao premio Nobel da Educación, Global Teacher Prize, no ano 2018.
Este recurso online enmárcase dentro de #AfundacionEnCasa, unha iniciativa de Afundación, con emisións en directo, novidades diarias, actualizacións permanentes e un fondo vivo integrado por máis de 300 recursos educativos, sociais, culturais, de acompañamento telemático e de voluntariado. O obxectivo é o de seguir aprendendo e compartindo tempo cos teus sen saír da casa durante as medidas decretadas a causa do Covid-19.
Máis eventos de tipo Obradoiro