Evento: Intelixencia Artificial

Intelixencia Artificial
luns, 6 outubro, 2025 a martes, 7 outubro, 2025
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra

Intelixencia Artificial

A intelixencia artificial, ou IA, é como ensinar ás máquinas a “pensar un pouquiño” para axudarnos en diferentes tarefas. Non se trata de maxia nin de robots de película: a IA xa está no noso día a día, cando o móbil recoñece unha cara nunha foto, cando o GPS busca a ruta máis rápida ou cando unha aplicación nos recomenda unha canción.

Nesta actividade imos descubrir, de forma sinxela e práctica, que é a intelixencia artificial, onde a usamos sen darnos conta e como pode ser unha ferramenta útil se a sabemos aproveitar ben.

Data e hora: luns 6 de outubro e martes 7 de outubro

Público destinatario: adulto

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do luns 22 de setembro ás 09.00 h

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiros de verán no Museo de Bela Artes
Inspirar para crear
7 de xullo a 28 de agosto
Museo de Belas Artes
Cartel_19 agosto
Otero Pedrayo: A linguaxe da paisaxe
19 de agosto
Casa da Cultura do Concello de Sandiás
Obradoiro de xogos de mesa - 20 de agosto
20 de agosto
Biblioteca Pública de Ourense
Obradoiros no Museo Massó de Bueu
O canto das baleas
20 de agosto
Museo Massó