Evento: Obradoiro de colaxe para familias

Obradoiro de colaxe para familias
venres, 26 setembro, 2025 - 18:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Obradoiro de colaxe para familias

A cargo de Héctor Francesch

PRAZAS ESGOTADAS. FORMULARIO PECHADO

Neste obradoiro traballaremos a técnica do colaxe empregando cartolinas de cores nas que debuxaremos ou transferiremos motivos, formas e iconas sinxelas baseados no pictograma.

Mediante as tesoiras e o cúter (coa axuda dun adulto) xogaremos coa composición para crear novas pezas cunha estética próxima á visión da rapazada.

Público infantil de 7 a 12 anos con persoa adulta acompañante

15 prazas

Duración: 2 horas

Inscrición previa a partir do 16 de setembro a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.

As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede uns días antes da actividade.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiro de inciación á Historia da Arte
Obradoiro de introducción á Historia da Arte
10 de setembro a 17 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiro de danza para nenas e nenos no Museo de Belas Artes da Coruña
Obradoiro infantil de danza
26 de setembro a 17 de outubro
Museo de Belas Artes
Con outras palabras: achégate á tradución
29 de setembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
“Estudar é + doado se sabes COMO” (3ª Sesión)
2 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo