Evento: Viñetas de corentena
Viñetas de corentena
Viñetas de corentena
Celebramos o Día do Libro
"Viñetas de corentena ": se o cómic é a túa paixón, desde o teu balcón cóntanos os teus favoritos, debúxanos coma se foses un urban sketcher e compárteo connosco en #lucuscomic @bibliolugo
Trátase dun reto para toda a familia que se desenvolverá a través das redes sociais durante a semana do Día do Libro.
Envíanos unha imaxe do teu cómic favorito ou do teu debuxo utilizando o hashtag #lucuscomic de forma correcta pois só a través deste hashtag -escrito de forma exacta- vincúlase ás redes sociais.
Cando poidamos saír da corentena, coas túas achegas faremos un vídeo e sortearemos dous cómics coa colaboración da librería Totem.
Ánimo!, cóntanos e debúxanos porque a túa creatividade ten sempre premio.
Ligazóns