Evento: Go! Events

Go! Events
sábado, 14 marzo, 2020 - 23:00
Dársena deportiva Faro de Oza,
A Coruña

Go! Events

Festa de Dj´

Go! Events, as festas organizadas polo dj galego RJ Junior alcanzan os nove anos de vida e van celebralo cun evento na súa casa habitual, a sala O Pantalán da Coruña e con dous invitados internacionais: Regis e Klaudia Gawlas.

O primeiro deles apenas necesita presentación xa que se es un seguidor do techno escuro e potente sabes perfectamente quen é Regis e cal foi a súa traxectoria ao longo das súas case 30 anos de carreira. Downwards Records e o seu proxecto xunto a Surgeon  como British Murder Boys ademais da súa carreira en solitario son historia do techno europeo e vai volver a pisar Galicia para realizar outra das súas irresistibles sesións.

Xunto a el estará Klaudia Gawlas, que aínda que non goce do prestixio do artista de Birmingham se que logrou facerse un oco na escena techno grazas ás súas producións en selos como Abstract, Kombination Research, Redimension, Credo, Masters Of Disaster e Suara ou por dirixir xunto a Eric Sneo o selo MOD.

Completan o cartel o mencionado RJ Junior e o artista local Mury. A festa celebrarase o sábado 14 de marzo a partir das 11 da noite e as entradas custan 12 euros.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos