Evento: Gala Femme Fatale - XI Festival galego de Cabaret

Gala Femme Fatale - XI Festival galego de Cabaret
sábado, 28 marzo, 2020 - 21:00
Teatro Colón,
A Coruña

Gala Femme Fatale - XI Festival galego de Cabaret

Conmemorando a chegada dos novos anos 20 e o retorno á Coruña do Festival Galego de Cabaré, a Compañía Femme Fatale recupera unha gala moi especial.

Para a mesma crearemos un "dream team" de artistas que teñen moito que dicir no xénero do cabaré, sobre todo na súa verquente máis "Burlesque", tanto a nivel galego como a nivel estatal ou internacional, arroupados polas coreografías, monólogos ou números con cadeiras da mítica Compañía Femme Fatale.

Música en directo, aéreos, burlesque, humor, maxia, danza... Nunha gala moi especial que retoma a esencia das primeiras galas do Festival en Oleiros 2006 ou Pontevedra 2007, e que marcaron, daquela, unha singularidade nas artes escénicas de Galicia.

Nelson Quinteiro Cabaret, Yolanda Paz Cabaret & Burlesque Galicia, Iria Pinheiro, Lúa Aérea, El Burlesco Malandrín, Srta Siller, Lilí Berlín, Miss Lacé, Sonsoles Cordón son algúns dos primeiros nomes que podemos desvelar, pero axiña hemos ir aumentando esta galería de estrelas que desfilarán polo patio do Colón con música en directo de Las Antonias.

¿Estás preparada para esta grande festa?

 

VENTA DE ENTRADAS

Taquilla Pza. Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13 y de 16.30 a 19.30 h

Taquilla Teatro Colón: dia da función desde 1 h antes (só se quedan entradas dispoñibles)

  • V Gala Femme Fatale. Desenlace

Máis eventos de tipo Espectáculo

A falsa autónoma
12 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Caderno de cores e cancións
22 de novembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cartel Monólogo Padre de Familia
PADRE DE FAMILIA. COSAS DE CASA
22 de novembro
TEATRO COMPOSTELA (ANTIGO LA SALLE)
Brinca vai! De aquí a acolá
20 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés