Evento: Furious Monkey House

Furious Monkey House
venres, 22 maio, 2020 - 20:30
Sala Mala Testa,
Santiago de Compostela

Furious Monkey House

Concerto de rock da banda pontevedresa

Gran parte dos artistas da súa xeración atoparon as súas musas creativas mentres xogaban ao Fortnite, stalkeaban a alguén en Instagram ou vían ao seu youtuber favorito pasarse unha pantalla.

Furious Monkey House atoparon ás súas musas ensaiando e tocando en directo. Estes cinco anos de vida do proxecto forxaron a lume a identidade sonora do último gran bastión do rock millennial español: ese que consegue pasar por encima das tendencias e rende pleitesía a un rock de guitarras que vai do grunge ao rock alternativo ou o emocore melódico dos 90.

En Love, Scum & Dust Furious Monkey House demostran que non lle temen ao rock na era do reggaetón, pero tamén demostran que son moito máis que iso, e é que non só fan rock en tempos de urban: son rock en estado puro.

  • Furious Monkey House-Echoes

Máis eventos de tipo Concerto

Andrés Calamaro
25 de xuño
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro
Música das Illas, Música do Mar
26 de xuño
Museo do Mar de Galicia
Maxicamente
26 de xuño
Praza Maior
Nikki Hill + Sr. Salvaje
26 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5