Evento: Galician Freaky Film Fest
Galician Freaky Film Fest
Trala edición de 2019, o GFFF volve á cidade olívica do 28 ao 31 de outubro coa súa proposta de festival gamberro que honra ao friksimo cinematográfico en todos os seus formatos.
CINEMA FFFREAK
Que vas ver no GFFF #3? O mellor cinema freak galego, nacional e internacional:
Terror e arrepío para que non durmas máis.
Frikismo do de verdade.
Humor ata que escache o diafragma.
Pezas que che van deixar o cu torcido.
A mellor animación.
O GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL é o evento de cinema e cultura freak definitivo. Ao longo de tres días amosará unha insólita selección de pezas audiovisuais que soen verse privadas das canles habituais de distribución.
O festival é máis ca un simple acontecemento cinematográfico, sendo as proxeccións de películas o epicentro de festas, concertos e actividades. Tamén teremos moita cervexa e máis sorpresas das que poderás procesar!
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual