Evento: Storytime for kids
Storytime for kids
Storytime for Kids é un programa de contos no que Courtney Knight, alumna dos Cursos Internacionais de Español para Estranxeiros da Universidade de Santiago de Compostela, le libros ilustrados en inglés ou en inglés e castelán.
O propósito deste programa é que os nenos e nenas practiquen e desenvolvan habilidades en inglés mentres gozan de divertidas historias e imaxes.
Na sesión de hoxe cóntanos dous contos:
The Very Hungry Caterpillar, de Eric Carle. Un conto sobre a vida dunha eiruga e a súa transformación nunha bonita bolboreta.
Just Like Me, de Sally Cutting. Un conto bilingúe sobre as comparacións entre animais que están discutindo sobre que é un burro.
Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos.
Na sala infantil, entrada libre.
Máis eventos de tipo Espectáculo



