Evento: Mike Cobb & The Crevulators

Mike Cobb & The Crevulators
mércores, 19 febreiro, 2020 - 21:30
La Pecera,
Vigo

Mike Cobb & The Crevulators

Concerto de rock da banda de Nova York

Mike Cobb & The Crevulators son unha banda de Brooklyn, New York, neste momento o corazón da música Americana. O líder, Mike Cobb, creceu escoitando os discos de rock clásico dos seus pais e ten a música de The Rolling Stones, The Beatles, Creedence Clearwater Revival, Bob Dylan, The Band, e Neil Young queimada na súa alma desde neno. Logo descubriu artistas como Tom Petty, Os Lobos, Tom Waits, The Replacements, e The Jayhawks, entre outros.

?Atráeme a música con alma, sexa de onde sexa, e sempre prefiro escoitala en vinilo?. Mike empezou a tocar na universidade. Con 23 anos asinou un contrato con Island Records, foi teloneiro de Oasis na súa primeira xira dos EE.UU., tocou varias veces no lendario CBGB?s, e segue tocando hoxe en varios locais de Brooklyn, Manhattan e Nova Inglaterra. Mike está casado cunha compostelá e vén dúas veces ao ano a Galicia.

  • Mike Cobb and The Crevulators

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións