Evento: Phil Riza

Phil Riza
venres, 14 febreiro, 2020 - 22:30
La Pecera,
Vigo

Phil Riza

Concerto de rock and roll do cantante francés

O francés Phil Riza é o último trobador errante do rock & roll ao máis puro estilo bluesman. Un virtuoso da guitarra que presenta un cóctel de música americana dos 40 aos 60, no que cabe desde o rockabilly e o country ao rhythm and blues e o swing.

Nacido en Marsella a mediados dos 70, leva desde a década dos 80 predicando o rock and roll por todo o mundo ao máis puro estilo bluesman, vai de cidade en cidade, percorrendo desde Estados Unidos ata Xapón. A súa proposta é un cóctel de música americana dos anos 40 aos 60, no que cabe desde o rockabilly e o country ao rhythm and blues e o swing.

Un virtuoso da guitarra, tanto eléctrica como acústica, que nos transportará a outra época cun directo imprescindible.
A súa técnica da guitarra caracterízase polo finger picking e unha sólida educación musical adquirida na escola de Jazz de Salon de Provence, non só permítenlle entregar un estilo orixinal e con verdadeiro entusiasmo e enerxía, senón tamén enriquecer o seu repertorio de cancións con acentos melódicos, facendo del un músico completo.

  • "You give me" Phil Riza

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións