Evento: Yumi Ito + Jam Session

Yumi Ito + Jam Session
martes, 11 febreiro, 2020 - 21:30
La Casa de arriba,
Vigo

Yumi Ito + Jam Session

Concerto de jazz

Yumi Ito é unha cantautora e intérprete de Jazz suíza con raíces polaco-xaponesas. Yumi terminou o seu Master en Jazz no Jazzcampus Basel e foi parte da primeira edición do Focus Year, liderado por Wolfgang Muthspiel onde coñeceu aos membros da súa banda, o baixista polaco Kuba Dworak e o batería galego Iago Fernández.

É unha das gañadoras do Concurso de Jazz de Montreux e traballou con musicos como Szymon Mika, Ziv Ravitz, Yaron Herman. Yumi colaborou en numerosos festivais en Polonia, Suíza, Brasil, Francia, Islandia e Xapón. Esta vocalista de 29 anos puxo o seu nome a 3 álbums, sendo o seu último traballo ata a data "Stardust Crystals" que será estreado coa súa Orquestra de 11 pezas escrita para o Schaffhauser Jazzfestival en maio deste ano.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións