Evento: Apache + Tiburón Tigre
Apache + Tiburón Tigre
Apache + Tiburón Tigre
Concerto de rock
O sábado 8 de febreiro as bandas viguesas Apache e Tiburón Tigre ofrecerán unha noite de rock na sala Kominsky (Irmandiños, 3). O concerto comezará ás 22.00 horas cunha entrada de 5 euros.
Apache
Creada en Valladares en 2017, este cuarteto indaga na versión do rock and roll máis tradicional. Seguen os pasos de bandas como The Hellacopters ou Supersuckers. Acaban de gravar o seu primeiro álbum de estudo chamado igual que a banda: “Apache”.
Tiburón Tigre
Esta banda de seis amigos de Coia, creouse en Vigo no ano 2016. Contundencia, ritmos acelerados e cambios de rexistro son a súa marca persoal. O seu tema “ Powers in the Shadows” incluíuse no recompilatorio “Norte&Sur GZ” (2017)
Ligazóns
Máis eventos de tipo Concerto