Evento: Exposición ‘Antón Patiño. Caosmos’ e actividades paralelas

  • CGAC | ANTÓN PATIÑO. CAOSMOS
Exposición ‘Antón Patiño. Caosmos’ e actividades paralelas
venres, 13 marzo, 2020 a domingo, 17 xaneiro, 2021
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC),
Santiago de Compostela

Exposición ‘Antón Patiño. Caosmos’ e actividades paralelas

A mostra é unha aproximación á traxectoria do artista galego

Caosmos é unha aproximación á traxectoria do artista galego Antón Patiño (Monforte de Lemos, Lugo, 1957), centrada nunha escolma de pezas que abrangue distintas etapas do seu labor no eido das artes plásticas, desde a súa participación na fundación de Atlántica (referencia central para a arte galega nas últimas décadas) até a actualidade, pero tamén no ámbito da literatura e o pensamento, como autor de diversos libros de ensaio artístico e teoría da imaxe.

 

A súa é unha figura poliédrica mesmo se nos cinguimos á faceta de activista cultural. Profundo investigador das referencias culturais da Galicia moderna (desde Reimundo Patiño a Urbano Lugrís, Carlos Oroza ou Luís Seoane), mantén estreitos vínculos con poetas e escritores, e despregou unha intensa actividade como valedor e difusor da nosa cultura e literatura fóra de Galicia. O obxectivo da exposición é visibilizar todas estas conexións e pór de relevo as múltiples caras dunha personalidade rica e complexa.

 

O título, Caosmos, é ademais un concepto clave co que o artista vén traballando desde hai anos, un paradigma que define a sofisticación da hipermodernidade. As lendarias nocións antagónicas da cultura clásica, caos e cosmos, establecen unha fusión dialéctica nunha expresiva aleación conceptual, caosmos, seguindo a intuición do neoloxismo de Joyce.

 

ACTIVIDADES VINCULADAS Á EXPOSICIÓN

SETEMBRO

Venres 25

Presentación do cómic Esquizoide (Editorial Elvira, 2020)

Participarán: Antón Patiño, Xabier Romero e Santiago Olmo

 

OUTUBRO

Venres 2

Presentación pública da exposición Antón Patiño. Caosmos

Participarán: Antón Patiño, Alberto Ruiz de Samaniego e Santiago Olmo

 

Xoves 8

Conferencia e mesa redonda arredor dos libros De dónde vienen las imágenes (Fórcola, 2018), Todas las pantallas encendidas (Fórcola, 2016) e Manifiesto de la mirada (Fórcola, 2018)

Participarán: Antón Patiño, Fernando Castro Flórez e Santiago Olmo

 

Xoves 29

Presentación do libro Libro dos lugares II (Editorial Elvira, 2020)

Participarán: Antón Patiño, Estíbaliz Espinosa, Manuel Rivas, Xabier Romero e Santiago Olmo

 

XANEIRO

Xoves 14

Presentación do libro A mirada atlántica (Editorial Elvira, 2020)

Participarán: Antón Patiño, Xavier Seoane e Santiago Olmo

 

Mesa redonda sobre Rompente. Grupo de Comunicación Poética (1975-1983)

Participarán: Antón Patiño, Antón Reixa, Alberto Avendaño, Manuel M. Romón e Santiago Olmo

 

 

As persoas interesadas deberán inscribirse enviando unha mensaxe electrónica co seu nome, apelidos e número de teléfono a cgac.prensa@xunta.gal.

Confirmar antes a hora de todos os eventos.

 

A capacidade da sala estará limitada a 60 asistentes.

 

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia