Evento: 'Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia'

'Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia'
mércores, 11 decembro, 2019 a domingo, 26 xaneiro, 2020
Rúa de San Pedro, 2,
Santiago de Compostela

'Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia'

'Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia' é unha exposición realizada pola Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura, en colaboración co Museo do Pobo Galego.+info    

'Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia' é unha exposición realizada pola Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura, en colaboración co Museo do Pobo Galego.
GALIZA CULTURA conmemora así o centenario dunha iniciativa singular e decisiva na historia contemporánea da Galiza: o nacemento da revista Nós, cuxo primeiro número ve a luz o 30 de Outubro de 1920, revista de alta cultura que coloca a lingua, as artes e a ciencia galega nun nível privilexiado de calidade. 
A exposición leva como lema: SER DIFERENTE É SER EXISTENTE, extraído do uso que del fai Vicente Risco en "Nós, os inadaptados", e realiza un percurso pola significación e a obra dos seus principais persoeiros: VICENTE RISCO, director literario; CASTELAO, director artístico; RAMÓN OTERO PEDRAIO, ÁNXEL CASAL... e, con eles, a proxección que significou para artistas e escritores novos, así como a conexión co Seminario de Estudos Galegos (1923), outra iniciativa capital que marca o inicio dunha ciencia multidisciplinar en galego e sobre a Galiza.
+info

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia