Evento: 'Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia'
'Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia'
'Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia' é unha exposición realizada pola Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura, en colaboración co Museo do Pobo Galego.
GALIZA CULTURA conmemora así o centenario dunha iniciativa singular e decisiva na historia contemporánea da Galiza: o nacemento da revista Nós, cuxo primeiro número ve a luz o 30 de Outubro de 1920, revista de alta cultura que coloca a lingua, as artes e a ciencia galega nun nível privilexiado de calidade.
A exposición leva como lema: SER DIFERENTE É SER EXISTENTE, extraído do uso que del fai Vicente Risco en "Nós, os inadaptados", e realiza un percurso pola significación e a obra dos seus principais persoeiros: VICENTE RISCO, director literario; CASTELAO, director artístico; RAMÓN OTERO PEDRAIO, ÁNXEL CASAL... e, con eles, a proxección que significou para artistas e escritores novos, así como a conexión co Seminario de Estudos Galegos (1923), outra iniciativa capital que marca o inicio dunha ciencia multidisciplinar en galego e sobre a Galiza.
+info