Evento: Os espigadores e a espigadora

Os espigadores e a espigadora
martes, 28 xaneiro, 2020 - 20:30
Teatro Principal,
Pontevedra

Os espigadores e a espigadora

Film francés da directora Agnès Varda

Partindo de dúas célebres pinturas realistas con forte carga social (Les glaneurs, de Jean François Millet e La glaneuse, de Jules Breton), Agnès Varda constrúe un dos seus filmes máis poderosos e fascinantes. Les glaneurs et la glaneuse verte unha lúcida mirada sobre os espigadores, aquelas persoas que viven de recoller a comida sobrante en mercados, almacéns e campos de cultivo, ben por necesidade, ben como maneira de rebelarse contra a sociedade.

A cinta é unha reflexión ecoloxista sobre o consumo, o capitalismo, o lixo e o desperdicio que foi rodada grazas á axuda dunha pequena cámara dixital. A propia Varda aparece nela coma recolectora de imaxes, de visións alleas que fai súas e ás que lles rende tributo con fervor.

 

Francia, 2000, 82 min. VOSE.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Museos de cine
17 de abril a 5 de xuño
Museo de Belas Artes
Fuego fatuo
30 de abril
Filmoteca de Galicia
Gaudi (Cataluña)- Neutra(Austria) - Barragán (México)
14 de outubro
Biblioteca Nodal de Pontevedra