Evento: Hubo

Hubo
sábado, 1 febreiro, 2020 - 18:30
Auditorio del Fórum Metropolitano,
A Coruña

Hubo

Hubo un pobo … Hubo una muller … Hubo una historia

Hubo é un espectáculo sen palabras que fala do amor, a perda, a soidade, a memoria e o arraigamento.

Hubo é unha homenaxe aos pobos, ao mundo rural   e ás persoas que o habitan.

Desde El Patio, ás profundidades desa memoria rural aínda máis inaccesible e difusa, esa que o tempo borra máis dolorosamente por verse obrigada a descansar no fondo dos pantanos. Desde o humor e o amor a esas historias que  dormen como as de tantos pobos baixo as augas que un día foron bosque, pasto, cultivo, escola ou verbena...

A vida dunha muller e o seu naufraxio, unha muller que se resiste a abandonar o seu mundo, reducido a unha illa de pedra. A súa historia é a de moitas e moitos que tiveron que dicir adeus ao que un día foi o seu fogar.

Idea, creación, dramaturxia, dirección, iluminación e interpretación: Julián Sáenz-López e Izaskun Fernández.

 

Música orixinal: Elena Aranoa e Nacho Ugarte

Compañía: El Patio

Público: + 8 anos

Espectáculo sen palabras

Máis eventos de tipo Espectáculo

Danza 3 | Xacarandaina
9 de xuño
O Cantón
Danza 3 | O Fiadeiro
29 de xuño
Praza Maior
Danza 3 | Cantigas e Agarimos
1 de setembro
Casa da Cultura