Evento: Danza 3 | Cantigas e Agarimos

  • Espectáculo de música e baile tradicional Danza 3
Danza 3 | Cantigas e Agarimos
domingo, 1 setembro, 2024 - 21:00
Casa da Cultura,
O Valadouro

Danza 3 | Cantigas e Agarimos

Actuación de danza da agrupación Cantigas e Agarimos, dentro do programa de difusión do baile e música tradicional Danza 3

A agrupación de danza e música tradicional Cantigas e Agarimos sae ao encontro do público na Casa da Cultura do Valadouro, para ofrecer un repertorio de pezas de danza galega recollidas en distintos lugares de Galicia e interpretadas polo seu grupo de bailadoras e bailadores.

A actuación enmárcase dentro da 12ª edición de Danza 3, promovida pola Xunta de Galicia en colaboración co colectivo XOC, integrado polas formacións Xacarandaina da Coruña, Ou Fiadeiro de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, co obxectivo de difundir a música e o baile tradicional.

Esta nova edición percorrerá 18 localidades galegas ata o mes de setembro con outras tantas actuacións que, na maior parte dos casos, terán lugar ao aire libre para compartir coa cidadanía unha mostra do amplo repertorio das tres agrupacións participantes. A través desta colaboración, a Xunta recoñece o labor cotián deste colectivo a favor da investigación, recuperación, formación e difusión do folclore galego como parte indispensable do noso patrimonio inmaterial.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Viaxa cos libros
Viaxa cos libros
30 de outubro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
transparentar
Transparentar
13 de novembro
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Imaxe
Inventoras con mentes curiosas
14 de novembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Pan de broa
25 de outubro
Auditorio da Casa da Cultura