Evento: Danza 3 | O Fiadeiro

  • Espectáculo de música e baile tradicional Danza 3
Danza 3 | O Fiadeiro
sábado, 29 xuño, 2024 - 12:00
Praza Maior,
Verín

Danza 3 | O Fiadeiro

Actuación de danza da agrupación O Fiadeiro, dentro do programa de difusión do baile e a música tradicional Danza 3

A agrupación de danza e música tradicional O Fiadeiro sae ao encontro do público na Praza Maior de Verín, para ofrecer un repertorio de pezas de danza galega recollidas en distintos lugares de Galicia e ingterpretadas polo seu grupo de bailadoras e bailadores.

A actuación enmárcase dentro da 12ª edición de Danza 3, promovida pola Xunta de Galicia en colaboración co colectivo XOC, integrado polas formacións Xacarandaina da Coruña, O Fiadeiro de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, co obxectivo de difundir a música e o baile tradicional.

Esta nova edición percorrerá 18 concellos galegos ata o mes de setembro con outras tantas actuacións que, na meirande parte dos casos, terán lugar ao aire libre para compartir coa cidadanía unha mostra do amplo repertorio das tres agrupacións participantes. A través desta colaboración, a Xunta recoñece o labor cotiá deste colectivo a prol da investigación, recuperación, formación e difusión do folclore galego como parte indispensable do noso patrimonio inmaterial.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Circonove
26 de decembro
Casa da Cultura. NONO, con Arturo Cobas
Cinema Marabillas, Ver para ler
27 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
O Apalpador
30 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Circonove
30 de decembro
Casa da Cultura. CIGANÍ, con Antón Coucheiro