Evento: Danza 3 | Xacarandaina

Danza 3 | Xacarandaina
sábado, 3 outubro, 2026 - 17:00
Paseo marítimo de Moaña,
Cangas

Danza 3 | Xacarandaina

Actuación da agrupación Xacarandaina, dentro do programa de difusión do baile e música tradicional Danza 3

Danza 3 é unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia en colaboración co colectivo XOC, integrado polas formacións Xacarandaina da Coruña, O Fiadeiro de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, co obxectivo de difundir a música e o baile tradicional.

A 14ª edición de Danza 3 percorrerá 18 concellos galegos ata o mes de outubro con outras tantas actuacións que, na meirande parte dos casos, terán lugar ao aire libre para compartir coa cidadanía unha mostra do amplo repertorio das tres agrupacións participantes. A través desta colaboración, a Xunta recoñece o labor cotián deste colectivo a prol da investigación, recuperación, formación e difusión do folclore galego como parte indispensable do noso patrimonio inmaterial.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Danza3

Danza 3 | O Fiadeiro
4 de xullo, 20:00
Ermida - Covelo - Pontevedra
Danza 3 | O Fiadeiro
4 de xullo, 22:30
Praza de San Andrés de Vilavidal - Ramirás - Ourense
Danza 3 | Cantigas e Agarimos
12 de xullo, 21:00
Alameda Rosalía de Castro - Marín - Pontevedra
Danza 3 | Cantigas e Agarimos
25 de xullo, 13:30
Porto de Lira - Carnota - A Coruña