Evento: Supersonic Fest
Supersonic Fest
Co pop como gran protagonista traeranos á cidade a cinco das bandas máis interesantes da escena actual do indie nacional e que, todas publicaron ou están a piques de publicar novo traballo nestes meses. Unha cita coas distorsiones, os pedais de efectos, os retrousos pegadizos e influencias noventeras. Se outras cidades albergan iniciativas como Malaga Pop Fest, Madrid é Ruído ou Reloaded Fest, facía falta na nosa un festival, nunha sala, onde se xunten cinco bandas, que ademais, están a contar con gran recoñecemento por parte de medios especializados e que estea organizado , principalmente co corazón, con poucos medios e sen grandes expectativas comerciais e sen saber sequera, se haberá unha segunda edición. O cartel desta primeira edición estará formado polos Marcianos, Deterxente Líquido, Fred Fredburguer, Lúa Gramer e Good Bye Lenin.
Máis eventos de tipo Concerto



