Evento: O Montacargas

O Montacargas
sábado, 15 outubro, 2022 - 20:30
Casa da Cultura,
Mazaricos

O Montacargas

Representación da compañía Ainée Produccións & Acusmaser Opus

O Montacargas (The Dumb Waiter) é unha obra teatral escrita nun só acto por Harold Pinter no ano 1957 e que foi enmarcada polo teórico Martin Esslin dentro da corrente dramática "Teatro do Absurdo". A historia narra a situación de dous homes (Ben e Gus) que están pechados nun cuarto, unha estancia miserablemente amoblada. Os personaxes discuten sobre noticias de prensa e equipos de fútbol. Mentres avanzan no diálogo, Pinter dános a entender que se tratan de dous asasinos a soldo á espera
de misteriosas ordes que unha organización ten que transmitirlles. A tensión da espera desemboca nunha conversa intranscendente. A historia avanza cando, por medio dun montacargas, comezan a chegarlles mensaxes e pedidos que parecen ser un xeito de comunicación de persoas que habitan na parte superior da estancia na que se atopan eles. O único que saben da súa futura vítima é que aparecerá dun momento a outro.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Paco Nogueiras : Festival Atlántica
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Club de lecturas dramatizadas
31 de marzo a 9 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola