Evento: Beléns, de Asís a Compostela
Beléns, de Asís a Compostela
Beléns, de Asís a Compostela
Exposición de Beléns polos Camiños a Santiago no VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela
O proxecto consiste na realización dun ciclo de exposicións de beléns temporais en lugares seleccionados do camiño que percorreu o santo, en conmemoración e recoñecemento do seu impulso e propagación universal da devoción popular ao Misterio de Belén, unindo nun só programa as sensibilidades xacobea e franciscana e como el foi o creador do belenismo universal.
Exponse pezas de distintas épocas, pertencentes a coleccionistas privados, alusivas ao Misterio de Belén e a peregrinación a Compostela, como María e José camiño de Belén, os Reis Magos como os primeiros peregrinos, a Fuxida a Exipto, etc. resaltando con iso os valores da peregrinación xacobea.