Evento: Músicas e Danzas do mundo
Músicas e Danzas do mundo
Espectáculo familiar no que nenos e adultos poden facer unha viaxe cultural polo mundo. Unha longa viaxe que moverá ao espectador aos distintos países representados, mentres goza dunha gran produción "made in galicia": A BANDA DE MÚSICA CHAPELA, baixo a dirección de Andrés Álvarez, será a encargada de interpretar música en directo e estará acompañada pola Compañía PORTÉ DANCE (Alejandra Teixeira, Maria Rial e Sheila Loira con Rubo e Javier Romero), que actuarán as diferentes danzas propias do folclore internacional.
Os traxes espectaculares foron elaborados pola marca EMECE do prestixioso deseñador galego: MARCOS CARRERA, que vestirá aos bailaríns cos traxes típicos de cada país. O doce voo pertence á actriz galega HUMY DONADO, que realizou un arduo traballo de gravación no estudio de DJ. RODRI VEGAS. A incrible posta en escena audiovisual está a cargo de 2MEDIAPRO e o son e a iluminación están a cargo dos grandes profesionais de GLOBAL SETUP.



