Evento: Luces de Bohemia
Luces de Bohemia
Esta obra revolucionou o teatro.
Inaugúrase con ela un xénero novo: o esperpento, que rompe coas convencións escénicas anteriores.
Valle volve a súa mirada a unha España caduca, sen alento, sen ética. Unha España que era a caricatura de si mesma. Unha España sorprendida en transo de ruína, en desmoronamento irremediable. Esta obra arremete contra toda unha sociedade.
Luces de Bohemia é unha viaxe á morte.
Luces de Bohemia é Max Estrella, o visionario poeta cego, que no seu propio vía crucis arrástrase ata o último alento.
Unha época que se descompón… Uns personaxes cuxa única ética parece ser a da subsistencia. Sobrevivir. Un mundo en descomposición. Un espazo en descomposición…
Esperpento como expresionismo hispano. Realismo bébedo de tinto peleón.
A palabra, a forza da palabra de Valle, como ladridos, ou coiteladas, caricias, lambidas, ouveos…
Con: Roberto Quintana; Manuel Monteagudo; Juan Motilla; Amparo Marín; Antonio Campos; Rebeca Torres; Juanfra Juárez; Silvia Beaterio; José Luis Bustillo
Adaptación e dirección: Alfonso Zurro