Evento: Projecto Miño

Projecto Miño
domingo, 10 novembro, 2019 - 20:30
Círculo de las Artes,
Lugo

Projecto Miño

Festival de Jazz

Grande honor para o Festival de Jazz de Lugo acolle-la celebración do XX aniversario deste Projecto único e irrepetible, estreado en 1999 no Festival de Jazz de Guimaares

Baldo Martínez: contrabaixo, composición e dirección
Mónica de Nut: voz
Germán Díaz: zanfona.
Lucía Martínez: vibráfono e percusión
Chiaki Mawatari: tuba e serpentón
David Herrington: trompeta e fiscorno
Antonio Bravo: guitarras
Alejandro Pérez: saxos tenor e soprano, clarinetes
Pedro López: batería e outros instrumentos de percusión

«Una de las obras más emocionantes, ambiciosas, exuberantes e inteligentes que ha vivido nuestro jazz en mucho tiempo» (Pablo Sanz, El Mundo).

Nace por encargo a Baldo para o festival internacional Guimarães Jazz (Portugal), moi destacado nas correntes do jazz contemporáneo europeo e no que foi presentado en novembro do 1999. Regálanos composicións inspiradas nas tradicionais que xorden arredor do río Miño, na zona limítrofe entre Galicia e o norte de Portugal, traballadas coa linguaxe do jazz contemporáneo e postas en escena, por nove músicos, cunha variedade tímbrica sorprendente.

Moitos son os participantes en Projecto Miño estes vinte anos, todos posúen extenso currículo e destacan no panorama jazz internacional: a cantante portuguesa Maria Joâo, o tuba e trombón norteamericano Gregg Moore, o batería Tino Di Geraldo, a actual percusionista Lucía Martínez e, máis cara ao ámbito do folclore, os mestres da zanfona Valentín Clastrier, Germán Díaz, Marc Egea e Carlos Beceiro, membro fundador do grupo La Musgaña… Trala presentación en Guimarães, entra a formar parte de Projecto Miño a cantante galega Maite Dono; na actualidade incorpórase a tamén galega Mónica de Nut. Presentado en Alemaña na Trienal de Música europea de Colonia (Musik Triennale Köln, 2004) e no European Jazz Made in Spain de Munich, non se viviu en España ata o 2005 no Festival internacional Escena Contemporánea (Madrid, 2005) no que obtén un notable éxito segundo testemuñan a totalidade das críticas publicadas. Máis adiante, Projecto Miño seguiu subindo a escena en diversos festivais de España e Europa.

En outubro do 2007 publicouse o CD Projecto Miño e a revista francesa Jazz Magazine considerouno un dos dez mellores discos de xaneiro do 2008. No mesmo ano foi nomeado para mellor álbum de jazz nos Premios de la Música e declarado mellor disco pola revista Cuadernos de Jazz. Recomendado pola revista italiana Música Jazz no 2010 en calidade, igualmente, de disco entre os mellores.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións