Evento: Luces de Bohemia

Luces de Bohemia
sábado, 19 outubro, 2019 - 20:00
Pazo da Cultura de Narón,
Narón
Espectáculo a cargo de Teatro Clásico de Sevilla

A Compañía Teatro Clásico de Sevilla volve de novo con Luces de Bohemia a producir e poñer en escena pezas clásicas de gran valor artístico e literario.  Unha obra de Ramón Valle Inclán que orixinou un novo xénero xornalístico e literario, o esperpento. Nela desaparece o heroe como figura protagonista e individual, - perspectiva da literatura  clásica española,-  para que sexa a colectividade enteira, o personaxe principal que describe.  Un retrato crítico que debulla entre  amargores e que  caricaturiza a sociedade de principios do século  XX, adaptando o expresionismo - movemento coetáneo á súa época que se desenvolveu principalmente en Europa, -  a unha linguaxe adecuada para retratar o seu país como testemuña, cronista e portavoz crítico da España que lle tocou vivir. A luz nesta adaptación, é o elemento escénico primordial. Xogando co uso do  claroscuro pola súa dimensión simbólica, tenta reflectir a vida bohemia e os seus contrastes (a brillantez, e a miseria, a fame) e tamén, a sombría vida española, tal e como a presenta Valle Inclán. O deseño de iluminación pertence a  Florencio Ortiz, quen obtivo un premio Lorca a mellor iluminación por esta obra. Cunha estética propia para esta proposta, Teatro Clásico de Sevilla apostou por sintetizar o espazo nun elemento crave co que os actores terán que ir movéndose entre estación e estación con obxecto do “Vía Crucis”, que simboliza o lastre do peso, da cruz.  Unha viaxe nocturna no que predominan temas  atemporales como a corrupción, a inxustiza social, ou outros como a crítica á burguesía dunha época en descomposición. A dirección escénica e dramaturxia queda a cargo de Alfonso Zurro e o deseño de escenografía e vestiario pertence a  Curt Allen  Wilmer, quen obtivo o Premio Nacional de Teatro polo proxecto Fundación Teatro da Abadía de Madrid xunto ao seu director, José Luis Gómez. A  obra  empeza  por     o final,  co enterro de Max Estrela , - interpretado polo Catedrático de Interpretación e licenciado en Arte Dramática, Roberto Quintana. Tras  a  aparición   espectral  do  poeta  nunha    escena  macabra  e fermosa  percórrese    o  Vía  Crucis  do  defunto,  a  paixón  e  morte  do   letraherido  en     un Madrid  absurdo  e  brillante. O recoñecido actor e produtor Manuel Monteagudo, forma parte tamén da repartición interpretando a don Latino de  Híspalis, outro dos grandes protagonistas desta obra. Unha montaxe audaz, - co que conseguiron sumar 16 Premios, entre eles, 8 Premios Lorca, a mellor dirección e produción, para os produtores de Teatro Clásico de Sevilla, Juan  Motilla e Noelia Díez, mellor dirección escénica, mellor intérprete masculino, mellor escenografía, entre outros; e  8 nomeamentos aos Premios Max 2019.  Tras o éxito de  Hamlet, - obra que tamén levaron  a escenario, - Luces de Bohemia segue batendo récords pola súa gran aceptación por parte do público e da crítica.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

A invasión pirata
31 de decembro, 17:00
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra