Evento: Espazos Sonoros 2019: concerto Mateo Arnáiz
Espazos Sonoros 2019: concerto Mateo Arnáiz
Previamente, e vinculada a este concerto, terá lugar a actividade "Coñece o teu patrimonio: visita guiada polo museo e os xardíns botánicos da Fundación Fernando Blanco" (16.00h). É precisa inscripción entre o 7 e 18 de setembro no email actividades@espazossonoros.org.
Mateo Arnáiz, un dos máis consagrados guitarristas saídos dos conservatorios galegos nas últimas décadas, é, ademais de concertista cunha xa longa traxectoria, docente no Conservatorio Superior de Música da Coruña e investigador nos ámbitos da música e da psicoloxía, con diversos traballos académicos e un traballo de doutoramento sobre a interpretación musical e a ansiedade escénica.
O programa de hoxe afonda tamén nas compoñentes psicolóxicas da música, explorando as emocións humanas e o xeito de expresalas a través do instrumento da guitarra e das composicións e improvisacións do propio guitarrista. Así, estará integrado por obras compostas por Mateo Arnáiz, arredor dos diversos estados afectivos e emocionais como o amor, a nostalxia, o medo ou a alegría. Ademais, interpretaranse obras de grandes compositores como Mauro Giulliani, un autor pertencente ao clasicismo, do que se interpretarán dúas pezas que xiran tamén arredor de diferentes estados de ánimo, e unha obra de Agustín Barrios, un dos primeiros guitarristas sudamericanos que cruzaría o océano para tocar en Europa. Completarase así unha simbólica viaxe de ida e volta polos sentimentos, a través do mesmo mar que levaría a Cuba o fundador da institución que nos acolle, Fernando Blanco de Lema.
Coñece máis sobre a Capela do antigo instituto-escola da Fundación Fernando Blanco, Cee (A Coruña).