Evento: Espazos Sonoros 2019: concerto Mateo Arnáiz

  • Espazos Sonoros 2019 - concerto Mateo Arnaiz
  • Espazo Sonoros 2019 -  Fundación Fernando Blanco Cee
  • Espazo Sonoros 2019 -  Fundación Fernando Blanco - Cee
Espazos Sonoros 2019: concerto Mateo Arnáiz
sábado, 21 setembro, 2019 - 19:00
Capela do antigo instituto-escola da Fundación Fernando Blanco,
Cee

Espazos Sonoros 2019: concerto Mateo Arnáiz

Espazos Sonoros 2019: concerto "O son das emocións" de Mateo Arnáiz

Previamente, e vinculada a este concerto, terá lugar a actividade "Coñece o teu patrimonio: visita guiada polo museo e os xardíns botánicos da Fundación Fernando Blanco" (16.00h). É precisa inscripción entre o 7 e 18 de setembro no email actividades@espazossonoros.org.

 

Mateo Arnáiz, un dos máis consagrados guitarristas saídos dos conservatorios galegos nas últimas décadas, é, ademais de concertista cunha xa longa traxectoria, docente no Conservatorio Superior de Música da Coruña e investigador nos ámbitos da música e da psicoloxía, con diversos traballos académicos e un traballo de doutoramento sobre a interpretación musical e a ansiedade escénica. 

O programa de hoxe afonda tamén nas compoñentes psicolóxicas da música, explorando as emocións humanas e o xeito de expresalas a través do instrumento da guitarra e das composicións e improvisacións do propio guitarrista. Así, estará integrado por obras compostas por Mateo Arnáiz, arredor dos diversos estados afectivos e emocionais como o amor, a nostalxia, o medo ou a alegría. Ademais, interpretaranse obras de grandes compositores como Mauro Giulliani, un autor pertencente ao clasicismo, do que se interpretarán dúas pezas que xiran tamén arredor de diferentes estados de ánimo, e unha obra de Agustín Barrios, un dos primeiros guitarristas sudamericanos que cruzaría o océano para tocar en Europa. Completarase así unha simbólica viaxe de ida e volta polos sentimentos, a través do mesmo mar que levaría a Cuba o fundador da institución que nos acolle, Fernando Blanco de Lema.

 

Coñece máis sobre a Capela do antigo instituto-escola da Fundación Fernando Blanco, Cee (A Coruña).

 

 

 

Máis eventos de tipo Concerto

Vilablues Fest
15 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto musical a cargo de Francisco Castro
16 de maio
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Concerto do Coro Xuvenil de Lugo
16 de maio
Biblioteca Pública de Lugo
Rebeliom do Inframundo
16 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5