Evento: Concerto

Concerto
mércores, 9 xullo, 2025 - 20:00
San Miguel,
O Rosal
Espectáculo de música a cargo de ABRIL fado atlántico

ABRIL fado atlántico (fado e outras músicas atlánticas)

Abril Fado Atlántico e un Proxecto musical de fado nado en ferrolterra no ano 2007 con carácter aberto, onde teñen cabida músicas como o tango, o choriño brasileiro ou músicas puramente clásicas, sempre co a instrumentación típica de fado portugués.

Daniel Adzemian, (guitarra portuguesa) guitarrista arxentino e o líder do proxecto no que resaltan tanto os seus arranxos como a súas composicións.

Varios foron os artistas que colaboraron có grupo, resaltando a labor de José Calabuig (guitarra clásica) ou da cantante Noelia Santos, voz principal do primeiro traballo discográfico de ABRIL fado atlántico chamado PAZO DA MERCED.

Tamén compartiron escenario con ABRIL  Emanuel Soares, fadista portugués que actúa asiduamente nas casa de fado de Lisboa, o a fadista de Viseu Mara Pedro, co a que o grupo graba o seu segundo CD con arranxos e composicións de Daniel Adzemian e textos de poetas portugueses como Isidoro Cavaco ou Mario Rainho, como tamén da poeta Ferrolá Aurora Varela.

Nestes intres o grupo rematou a producción do seu terceiro traballo discográfico feito integramente en galego, destacando a participación da fadista Compostelá  Sara de Sousa, que actuou en diversas escenarios de Porto e outras localidades do norte de Portugal.

Iria Quintía guitarrista de formación superior clásica (viola de fado) completa a formación de ABRIL Fado Atlántico.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Xogando a reciclar
30 de xullo, 11:00
Casa de Cultura - Ribadumia - Pontevedra
Barquiño de pau
30 de xullo, 11:45
Centro Escolar C.P.I. Doutor López Suárez - Friol - Lugo
Castelao, un corazón á intemperie
30 de xullo, 12:00
Praza de Porta do Sol - Ribeira - A Coruña
Rogelio, un pallaso en recuperación
30 de xullo, 20:00
Parque de Ansuíña - Baños de Molgas - Ourense