Evento: Catas sonoras
Catas sonoras
Edición número cinco do ciclo de Catas Sonoras no Museo do Viño de Galicia, cando o museo está a piques de celebrar o seu sexto ano de vida. As Catas Sonoras permiten gozar en directo de música para todos os gustos, dende o jazz aos autores clásicos, a bossa nova, o blues...
A música desfrútase ao solpor, na terraza do museo, nun entorno de viñedo e arquitectura, e finaliza cunha copa de viño para rematar a sesión e parolar distendidamente.
Jimmy Barnatán.
Cantante, actor e escritor. En 2010 lanza o seu primeiro disco "Black Note" con influencias de blues, jazz e soul. A este seguiranlle "After the blues times" (2011), "Room 13: A Blues Tale" (2013) e "Motorclub" (2015). En cinema ten traballado con Álex de la Iglesia, David Trueba e Santiago Segura entre outros.
Ao longo do verán, o resto do programa é o seguinte:
- xoves 3 de xullo: Mister Cool & Vadim Yukhnevich.
- xoves 7 de agosto: Jeff Espinoza & Gaby Jogeix
- xoves 21 de agosto: Ángeles Dorrio
- xoves 28 de agosto: Olga Brañas & Susanna Blanco