Evento: 50 anos na Lúa
50 anos na Lúa
venres, 12 xullo, 2019 - 22:00
A Nave de Vidán - espazo cultural,
Santiago de Compostela 50 anos na Lúa
Acto conmemorativo do 50 aniversario da chegada á lúa. Exposición de fotografía astronómica
Este mes celébrase en todo o mundo o 50 aniversario da chegada do home á Lúa, cada quen pode ter un motivo. Desde o Club Vega apuntámonos á festa cun acto conmemorativo. O día elexido, o 12 de xullo; o lugar, a Nave de Vidán, que unha vez máis nos ofrece a súa colaboración.
Teremos unha pequena charla divulgativa a cargo do noso amigo Dosi Veiga, despois presentaremos o traballo dos astrofotógrafos do Club Vega nunha pequena (pero intensa) exposición de fotografías da Lúa, que quedará na Nave ata setembro.
Finalmente, se a meteoroloxía o permite, plantaremos uns cantos telescopios para observar e ensinarvos á protagonista da noite.
Ligazóns