Evento: Las Antonias

Las Antonias
sábado, 10 agosto, 2019 - 23:00
Praza do Concello: O Castro de Ferreira,
Pantón

Las Antonias

Concerto a cargo de Las Antonias

Destripan boleros, tangos e outras delicias fundindo as súas voces entre guitarra, vasoiriñas, melódica e un fagot atopado. Introdúcennos con histriónico pracer no seu mundo Antoñil para facernos sentir e saber que todos somos Antonias e Antonios. Comulgando sen reparos, transmitindo nutrientes, filtrando substancias nocivas e fabricando hormonas a ritmo dunha escena obscenamente risueña.
As Antonias é grupo conformado por Antonia Le (Ana Le), Antonia Colorees (Mamen Bazarra), e Antonia Pentagramas (Elena García-Fresca). Nos últimos meses incorporaron membros novos para ofertar así unha formación máis completa, incluíndo a Antonia A Feira (Sabela Caridade) á percusión. Ao berro de ?Todos somos As Antonias!? inclúen a participación de homes e mulleres no seu espectáculo.
O seu primeiro traballo Boleros e outras delicias faranche pasar momentos inesquecibles.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións