Evento: As emocións non son de nenas ou de nenos...son de persoas
As emocións non son de nenas ou de nenos...son de persoas
sábado, 23 marzo, 2019 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela As emocións non son de nenas ou de nenos...son de persoas
Sesión de narración oral con Juste Kamishibai
Unha montaxe onde se narran e interpretan contos para educar na igualdade e na diversidade e que ten como eixe central as historias da fada Menta, personaxe do “Libro das emocións para nenas e nenos” da escritora Gemma Lienas, coa técnica do teatro de papel e Pop- up.
Para nenos e nenas a partir de 3 anos.
No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Actividade realizada ao amparo do Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Cultura e Turismo para desenvolver as medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.



