Evento: Olivetti, a unidade na diversidade

Olivetti, a unidade na diversidade
xoves, 22 novembro, 2018 a martes, 8 xaneiro, 2019
Fundación Didac,
Santiago de Compostela

Olivetti, a unidade na diversidade

Un percorrido pola historia das máquinas de escribir

A exposición Olivetti, a unidade na diversidade está composta de máquinas de escribir, carteis orixinais e outros curiosos elementos que na súa maior parte proceden da Colección Sirvent. A mostra rende homenaxe á empresa italiana que conseguiu fabricar máquinas de escribir durante case un século.

Entre as máquinas mostradas están a Lexicon 80 ou a Lettera 22 de Marcelo Nizzolli, a Praxis 48 de Ettore Sottsass e Hans von Klier, a Valentine do mesmo Sottssas e Perry King ou a Lexicon 83 DL de Mario Bellini. Tamén se inclúen unha importante parte de gráfica publicitaria que representou á compañía italiana durante os seus anos de historia. 

A mostra está comisariada pola deseñadora de tipografías María Ramos, que exhibe o seu traballo na exposición complementaria María Ramos. Tipografías.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia