Evento: Oceanus

Oceanus
domingo, 16 decembro, 2018 - 11:30
Centro Ágora,
A Coruña

Oceanus

De Baraka Teatro

Chove e chove. Axiña a casa inúndase e énchese de peixes, medusas, ourizos, cabalos de mar e todo tipo de seres mariños, desde os afeitos a saír á superficie de cando en vez, até os que non coñecen máis que o son e a escuridade do fondo oceánico.

Gaia é mamá Terra. E o seu bebé, tan grande como o mar. Oceanus é unha viaxe submarina para bebés e quen os acompaña. Sen palabras, Baraka abre as portas a un teatro dos sentidos, con luces, sombras, música, auga, peixes e moito amor para quen acaba de chegar a porto e para quen aínda está en camiño...

Máis eventos de tipo Espectáculo

Paco Nogueiras : Festival Atlántica
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Club de lecturas dramatizadas
31 de marzo a 9 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola