Evento: Miro Casabella

Miro Casabella
sábado, 24 novembro, 2018 - 20:00
Casa-Museo Manuel María,
Outeiro de Rei

Miro Casabella

Concerto do músico de nova canción galega

Este ano que se están a cumprir os 50 anos da Nova Canción Galega, un dos seus máximos representantes, Miro Casabella, estará este sábado, día 24 de novembro, ás 20 h, na Casa-Museo Manuel María. Teremos ocasión de escoitar este trobador, comprometido coa lingua, a cultura e o país, repasar algunhas das composicións do seu amplo e rico cancioneiro.

Previamente ao concerto, Miro Casabella manterá unha conversa con Saleta Goi, compañeira de Manuel María, en que lembrarán feitos e actividades acontecidas naqueles inicios, entre outras, un concerto que se celebrou o 1 de decembro de 1968 no Cinema Capitol de Compostela e que Manuel María oficiou de presentador (aquel concerto foi a presentación "solemne" da Nova Canción Galega e nel cantaron Xerardo Moscoso, Xavier, Benedicto, Guillermo, Vicente Álvarez e Miro) ou sobre os primeiros traballos de Miro Casabella (Miro canta as súas canciós e Miro canta cantigas de escarnho e de maldizer) que saíron en Edigsa —discográfica catalá, editora da Nova Canç— co subselo de Xistral de Manuel María.

As persoas interesadas en se achegar este sábado á Casa-Museo deben reservar a entrada, quer escribindo a contacto@casamuseomanuelmaria.gal, quer chamando ao 698177621. A entrada é libre até completar o aforo.

Máis eventos de tipo Concerto

O rianxeiro
23 de setembro
Praza da Igrexa
Dr. Feelgood
23 de setembro
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concertos nos barrios
25 de setembro
Rúa do Campo de Conxo