Evento: Oficina de obxectos perdidos
Oficina de obxectos perdidos
Por que os máis pequenos e pequenas e os que non son tan cativos/as gardan un cachiño de papel, unha variña queimada dos fogetes que tiran nas festas, unha conchiña recollida na praia, unha flor, unha pedra, un cachiño de tela……? Todos eles son obxectos que se van xuntando nunha caixiña. Por que os pais e nais queren que se tiren eses recordos se eles mesmos gardan unha caixiña semellante á dos nenos? Esas caixiñas non só gardan obxectos, gardan historias dos invernos na aldea, das festas do pobo, dos veráns na praia. Moitas veces eses recordos desaparecen na esquina da parte alta dunha estantería ata que un día sen querer, buscando outra cousa, atopamos a caixiña, abrímola, e todas esas historias brotan outra volta no noso pensamento.
Precisamente nesta sesión Ramiro Neira aparece cunha caixiña, a súa propia, chea de obxectos perdidos dos que brotarán un sen fin de contos.
Duración: 45 minutos. Capacidade: 35 nenos/as. A partir de catro anos. Inscrición previa.
Máis eventos do ciclo Os sábados, conto
