Evento: Javiera Mena: concerto + cata
Javiera Mena: concerto + cata
Acreativa propón unha aproximación ao talento e a obra de tres artistas a través dunha cata de viños deseñada a medida para cada unha.
A cata de viños, dirixida pola experta Cristina V Miranda, comezará ás 20:30 h, mentres que o concerto terá lugar ás 22:00 h.
Dende a súa primeira publicación Esquemas juveniles en 2006, Javiera Mena irrompeu na escena chamando a atención dos oíntes ávidos de novas propostas musicais. Revolucionaria e transgresora no son e en ofrecer unha nova estética, a cantante, compositora e produtora continuou cunha consolidada carreira sen límites espazo-temporais. Dende o seu debut, sumou catro álbums entendidos pola prensa e polos melómanos como xoias imprescindibles de electro pop, e tamén sumou premios e nomeamentos internacionais, entre os que destaca o nomeamento a un Grammy Latino con Otra era.
Agora estrea o seu novo disco Espejo.
Máis eventos de tipo Concerto



