Evento: Drift. Miradas cruzadas entre deseño e arte contemporáneo

  • Drift
  • Luis Seoane
  • Paula Scher
xoves, 4 outubro, 2018 a domingo, 30 decembro, 2018
MAC Museo Arte Contemporánedo Fundación Naturgy
, A Coruña

Drift. Miradas cruzadas entre deseño e arte contemporáneo

Inclúe traballos de máis dun cento de artistas, entre os que destacan, Hella Jongerius, Konstantin Gcric, Patricia Urquiola, Jasper Morrison e Tomás Alonso, entre outros

É unha exposición de imaxes e formas e o seu principal obxectivo é reflectir como a arte contemporánea e o deseño habitan nun lugar común.

A mostra fai un percorrido pola historia do deseño máis próximo e paradigmático para dar a coñecer os seus diferentes relatos, e deste xeito, facer comprender as formas da arte actual. Tamén se fai eco do deseño como aplicación nun mundo cambiante no saudable, ético e sostible con traballos pioneiros como a férula diseñada polos Eames, recolle o traballo dun cento de creadores como os irmáns Bouroullec, Hella Jongerius, Konstantin Gcric, Patricia Urquiola, Jasper Morrison e o galego Tomás Alonso, entre outros.

A exposición está comisariada por David Barro, autor do ensaio que acompaña á mostra. Nel nárranse distintas situacións da historia do deseño que serven, á súa vez, para deseñar outras visións da historia da arte en función da relación de ambas as disciplinas, que ven como os seus límites volvéronse máis borrosos.

Máis eventos de tipo Exposición

Castelao maxistral
Castelao maxistral
5 de outubro a 3 de marzo
Museo Centro Gaiás
Graciela Iturbide
Graciela Iturbide
24 de outubro a 27 de xaneiro
Fundación Barrié
15ª Mostra de Arte Naturgy
25 de outubro a 30 de decembro
Museo de Arte Contemporáneo (MAC)
Wanderlust Galicia-Baviera
26 de outubro a 6 de xaneiro
Museo do Pobo Galego